Fonte: Ministerio de Sanidade 15/12/2021
O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real decreto 1112/2018
,do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://www.redescuelassalud.es/
Este sitio web é parcialmente conforme co Real decreto 1112/2018 debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
A presente declaración foi preparada o 23 de setembro de 2021.
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo propio organismo.
Última revisión da declaración: 23 de setembro de 2021.
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do Real decreto 1112/2018 como, por exemplo:
A través del email accesibilidad@mscbs.es.
Las comunicaciones serán recibidas y tratadas por la Subsecretaría del Departamento.
O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do Real decreto 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.
Contido opcional
Este sitio web cumpre cos requisitos da Norma UNE-EN 301549:2019
considerando as excepcións do Real decreto 1112/2018.
A última revisión realizouse en maio de 2018.
O portal de Rede de Escolas de Saúde para a Cidadanía, https://www.redescuelassalud.es/, realizouse utilizando XHTML 1.0 para a marcaxe de contido e follas de estilo CSS 3 para o deseño visual, evitándose na medida do posible utilizar tecnoloxías propietarias que condicionen o uso de determinados aparatos ou navegadores. Estes estándares garanten o acceso á información a través de calquera dispositivo de navegación que soporte as recomendacións do W3C.
Os estilos utilizados construíronse seguindo as recomendacións do consorcio W3C, para a versión 3 de follas de estilo en fervenza, e foron validados mediante a ferramenta de validación do código CSS
que proporciona o consorcio, sen detectarse ningún erro.
Por outra parte, validouse o HTML dende o que se utilizan os distintos CSS, para comprobar que a árbore de análise utilizada é correcta. A análise realizouse mediante a ferramenta de validación do código HTML
que proporciona o consorcio, sendo o resultado desta análise positiva.
En caso de que o usuario acceda ao portal a través dun navegador que non soporte follas de estilo, o marcado estrutural permite a correcta visualización de todos os contidos. Se se selecciona a opción sen estilo, visualizaranse as páxinas sen ningún tipo de formato visual. O sitio web está deseñado para unha visualización adaptable, co que se pode ver de forma óptima nos dispositivos tablet e móbiles.